top of page

Andaina2020Normas xerais

SÁBADO, 9 DE MAIO DE 2020

Os participantes inscritos, salvo que fagan soamente o segundo bucle, presentaranse en Fontiñas (Área Central) ás 08:15 h. do sábado 9 de maio. Os que fagan soamente o segundo bucle terán a saida controlada ás 15:30 h. en Fontiñas (Área Central).

Pode deixarse unha mochila/bolsa con roupa para cambiarse ao final. Este material deberá recollelo o propio participante, ou ben outra persoa a condición de que se indique o seu nome no momento de deixala.

Ao comezar a proba hai un tramo urbano neutralizado e guiado. non se adiantará ao guía ata que se indique.

Para puntuar, tes que rematar os 50 Km. Se ese non é o teu obxectivo, podes adaptala ás túas posibilidades.

 

A organización recollerá en cada un dos postos de control, aproximadamente cada 10 km, aos participantes que abandonen nese punto.

Poderán participar menores entre 16 e 18 anos, sempre que vaian acompañados dun adulto. Tamén se recomenda levar un tf móbil cargado e operativo.

A organización non se fai responsable da sinalización dos tramos fóra do seu horario de apertura e peche. Dentro do devandito horario marcarase o paso dos participantes no dorsal que levan para o efecto.

Pasar fóra de horario, ou non marcar o paso por algún dos postos de control, é motivo de invalidación. Neste caso poderase seguir participando fóra de proba e por tanto de forma non puntuable para o campionato galego.

Poderase cancelar a inscrición e recuperar a cantidade abonada, ata a semana anterior á proba, sendo imprescindible solicitalo por escrito ou presencialmente nas nosas oficinas. En ningún caso atenderanse as devolucións solicitadas dentro dos sete últimos días previos á proba.

bottom of page