top of page

ClubDeportivoFontiñas

 O Club Deportivo Fontiñas é unha asociación sen ánimo de lucro fundado no ano 1994, cuio obxectivo é o fomento e a práctica da actividade física e deportiva. O club ten dúas seccións; Patinaxe Artística e Montaña. A sección de Patinaxe conta con grupos de patinaxe Senior, Xuvenil e Infantís e imparte clases de patinaxe artística o longo da tempada. Está integrada na Federación Galega de Patinaxe, e organiza e participa en competicións oficiais. A sección de Montaña está integrada na  Federación Galega de Montaña, e organiza actividades de Sendeirismo e Montaña, así como competicións deportivas dentro do Calendario Federativo.

 

Ademáis, cada ano organiza unha Andaina de 50 Km na nosa cidade, Santiago de Compostela, puntuable nas probas da Federación Galega e Montaña, reunindo a máis de 150 participantes.

bottom of page