PasosParaInscribirse
* IMPORTANTE: O prazo de inscrición ábrese o 15 de MARZO
Se queres participar na Andaina 2019 só tes que seguir os 3 pasos que a continuación detallamos:
1. Podes inscribirte acudindo a oficina do Club Deportivo Fontiñas, cubrindo ESTE FORMULARIO, ou ben enviando un email a andaina50kmsantiago@gmail.com (non hai que enviar a ficha)
indicando ós seguintes datos:
- Nome e apelidos da persoa que se inscribe
- DNI completo con letra
- Indicar si a persoa está ou non federada*
- Se formas parte de algún clube. a qué clube pertences?
- Teléfono/s de contacto (móbil preferentemente)
- Dirección de correo electrónico (que se consulte habitualmente)
*Importante: A Andaina dos 50 km forma parte da Copa de Andainas que organiza a Federacion de Montaña, así que hai que estar federado en dita federación e non e outra para inscribirse na modalidade "prezo de federado".
2. ESPERAR A RECIBIR O EMAIL DE CONFIRMACIÓN. En canto chegue podedes realizar o pago na oficina do club ou ben, no número de conta:
C. MONTAÑA ES 97 2080-0348-36-3040010668
Indicando Nome e apelidos da persoa que aparece nos datos anteriores (a persoa que se inscribe)
No concepto debe aparecer "50 KM"
3. Este ano non se entrega ficha de inscripción en papel. Sen embargo, participar na Andaina dos 50 km de Santiago 2019 levará implícita a aceptación dos termos e condicións que aparecen no tríptico informativo e da información que aparece a continuación. O día da proba se asinará un documento dando conformidade ao recoller o dorsal:
PROTECCIÓN DE DATOS
A inscrición nesta actividade leva implícita formar parte dunha base de datos que está rexistrada na Axencia Española de Protección de datos e, polo tanto o asinante acepta que, de
conformidade coa normativa de Protección de Datos persoais, autoriza a comunicar os datos que nos facilita, para ser incluídos nun ficheiro cuxa titularidade corresponde o Club
Deportivo Fontiñas, coa finalidade de recibir información particular sobre esta actividade e, en xeral, sobre os servizos, promocións e actividades relacionadas co mesmo.
Informamos que tamén poderá exercer o seu dereito de acceso, rectificación e supresión dos seus datos mediante unha comunicación escrita dirixida o Club Deportivo Fontiñas
(Rúa Varsovia 4C – 4ºC. 15707 Santiago de Compostela), anexando unha copia do DNI.